O impactante movemento para criminalizar as protestas non violentas
En 2002, o periodista de investigación e bolseiro de TED Will Potter decidiu tomar un descanso da rutina de escribir sobre tiroteos e asasinatos para o Chicago Tribune. Quería axudarlle a un grupo local a facer campaña contra a experimentación con animais. "Pensei que sería unha forma segura de facer algo positivo", di. No canto diso, foi arrestado. Así comezou a súa viaxe cara a un mundo no que as protestas pacíficas están etiquetadas como terrorismo.

