Por que levaban máscaras picudas os médicos da peste?
É o ano 1656. O teu corpo é sacudido por violentos calafríos. Dóeche a cabeza e estás demasiado débil para incorporarte. No teu estado febril, ves un home de aspecto estraño que leva unha máscara en forma de pico, co corpo cuberto por completo. Sen verlle a cara, sábelo: tes a peste. De onde proceden estas icónicas vestimentas? Stephanie Honchell Smith investiga a historia dos médicos da peste. [Dirixido por Anton Bogaty; narrado por George Zaidan; música de Samuel Bellingham].
