Poderiamos detectar o cáncer de mama cunha impresión dactilar?
O cáncer de mama é o máis común entre as mulleres en todo o mundo. A pesar disto, moitas persoas deixan pasar a oportunidade de facer probas de detección, a miúdo porque a mamografía é un proceso invasivo e, ás veces, doloroso. A química e profesora Simona Francese presenta unha alternativa potencialmente revolucionaria que podería transformar como e cando se identifica esta enfermidade mortal.
