Por veces hilarante e por veces asombroso, o poeta Shane Koyczan pon o dedo na dor que é ser novo e... diferente. "To This Day", o seu poema de palabras sobre intimidación, cativou a millóns coma un vídeo viral (creado, en colaboración aberta, por 80 animadores). Aquí, fai unha presentación gloriosa, en directo, con imaxes de fondo e acompañado ao violín por Hannah Epperson.
