Os nosos corpos reciben vitamina D do sol, pero como suxire o dermatólogo Richard Weller, a luz solar pode producir tamén outro beneficio sorprendente. Novas investigacións do seu equipo amosan que o óxido nítrico, un transmisor químico almacenado en grandes reservas na pel, pode ser liberado grazas á luz ultravioleta, producindo grandes beneficios na presión sanguínea e no sistema cardiovascular. Que significa isto? Pois podería chegar a explicar por que os escoceses enferman máis que os australianos...
