Cando falamos de intelixencia artificial, que é o que estamos a crear realmente? Mesmo aquelas persoas máis próximas ao seu desenvolvemento teñen dificultades para describir o seu percorrido no futuro, como di Mustafa Suleyman, CEO de IA de Microsoft e un dos principais arquitectos de modelos de IA que moitos de nós usamos hoxe en día. Suleyman ofrece unha visión sincera e convincente do futuro da IA e propón unha metáfora que non podemos ignorar (unha nova especie dixital) para centrar a atención neste extraordinario momento. Completa a charla unha sesión de preguntas e respostas co fundador de TED Chris Anderson.

