O satélite que está axudando a frear o cambio climático agora mesmo
Presentámosche MethaneSAT, o satélite que orbita arredor da Terra neste momento para rastrexar as emisións globais de metano, un gas de efecto invernadoiro moi potente a curto prazo. A defensora ambiental Millie Chu Baird explica en detalle os efectos de atrapar calor nun planeta cheo de metano e explica por que comprender de onde vén e tomar medidas para reducilo é o máis importante que podemos facer para influír no cambio climático ao longo das nosas vidas. (MethaneSAT forma parte do Audacious Project, a iniciativa de TED para inspirar e financiar o cambio global.)
