A que se debe a polarización da vida pública e como podemos pórlle freo? O filósofo político Michael Sandel dá unha resposta desconcertante: aqueles que prosperaron teñen que mirarse no espello. Analiza como a "fachenda meritocrática" leva a moitos a crer que o seu éxito é froito do seu propio esforzo e a menosprezar os que non logran triunfar, o que provoca resentimento e acentúa a división entre "triunfadores" e "perdedores" que opera na nova economía. Sandel explica por que para crear unha vida pública altruísta e libre de xenreira debemos repensar o significado do éxito e recoñecer o papel que desempeña a sorte na súa consecución.

