Como de listos son os corvos?
1,404,165 plays|
Katharina Brecht |
TED-Ed
• August 2025
Nunha das fábulas de Esopo hai un corvo que busca auga. Atopa un cántaro, pero non lle chega á auga que está dentro. Entón, o corvo empeza a tirar coios no cántaro. Pouco a pouco, van desprazando a auga e o corvo sacia a sede. Este é só un exemplo da intelixencia fascinante dos córvidos. Katharina Brecht investiga que é o que fai que esta familia de aves cantoras sexa tan audaz e espelida. (Dirección de Irida Zhonga, narración de Pen-Pen Chen, música de Phil Brookes).