Nova nanotecnoloxía para a detección precoz do cancro
E se todas as persoas tivesen acceso a un sistema de detección precoz do cancro? O investigador Joshua Smith está a desenvolver unha "alarma para o cancro" baseada nunha nanobiotecnoloxía que detecta os rastros da enfermidade a través duns biomarcadores especiais chamados exosomas. Nesta charla visionaria, Joshua comparte o seu soño de revolucionar a detección do cancro, algo que podería salvar vidas.
