Segundo envellecemos, os ollos van a peor e son máis propensos a padecer unha doenza chamada dexeneración macular asociada á idade, que é a principal causa da cegueira e non ten cura á vista. O investigador Joshua Chu-Tan explica a ciencia do funcionamento da vista e presenta achegas revolucionarias sobre un ARN menos coñecido que podería mudar o tratamento para esta enfermidade, permitirnos conservar o don da vista durante máis tempo e mellorar a calidade de vida de millóns de persoas.
