Experimentos eléctricos con plantas que contan e se comunican
O neurocientífico Greg Gage retira de laboratorios de posgrao equipos sofisticados que se usan para estudar o cerebro e lévaos ás aulas de ensino medio (e, ás veces, ao escenario de TED). Prepárate para alucinar en canto conecte a Mimosa pudica, unha planta que pecha as follas cando se tocan, e a papamoscas de Venus cun electrocardiograma para amosarnos como as plantas empregan os sinais eléctricos para transmitir información, inducir movemento e mesmo contar.

