A neurociencia das drogas psicodélicas, a música e a nostalxia
Como afectan a música e os psicodélicos ao teu cerebro? O neurocientífico Frederick Streeter Barrett analiza as rexións neuronais específicas que se activan cando se escoita música baixo os efectos de psicodélicos como o LSD ou a psilocibina (cogomelos máxicos). Aprende grazas a esta investigación como estas experiencias, cando se combinan coas condicións axeitadas, poden apoiar o crecemento emocional e a curación de trastornos do estado do ánimo como a depresión e a ansiedade.

