A atención sanitaria debería ser un deporte de equipo
Cando Eric Dishman estaba na universidade, os médicos dixéronlle que lle quedaban dous ou tres anos de vida. Desde entón, pasou xa moito tempo. Tras un diagnóstico corrixido e un transplante, Dishman combina a súa experiencia persoal e os seus coñecementos como especialista líder en tecnoloxía médica para suxerir ideas valentes e reinventar a atención sanitaria. Como? Pois dándolle un papel central ao paciente no equipo de tratamento. (Gravado en TED @ Intel)
