Eman Mohammed é unha das poucas mulleres fotoxornalistas da Franxa de Gaza. Os seus compañeiros trátana con claro desdén, pero ela ten acceso como ninguén antes a espazos prohibidos para os homes. Nesta breve charla visual fai unha crítica das normas de xénero da súa comunidade sacando á luz historias ocultas.

