O relato que configura a nosa relación coa natureza
Somos independentes e superiores á natureza? Esta pregunta foi o motor da industrialización e do progreso económico durante séculos, mais tamén nos levou ao bordo dunha crise ecolóxica, afirma o cineasta Damon Gameau. Nunha apaixonada charla, esixe un novo relato que recoñeza a nosa interconexión coa natureza e que nos conduza cara a un futuro restaurativo e venturoso.
