Que alimentos lles gustaban aos teus devanceiros?
Arredor do mundo, as culturas alimentarias dos pobos indíxenas están a desaparecer debido á industrialización da agricultura e aos cambios no concepto da dieta ideal, influídos por Occidente. A investigadora dos alimentos Aparna Pallavi explora por que é que tradicións culinarias que en tempos eran fundamentais desaparecen da vida e da memoria das persoas case sen que elas se decaten -- e serve unha sutil solución para revitalizar a nosa conexión cos alimentos que comemos.

